DEcibreiro é a denominación de orixe dun estudo de deseño gráfico, especializado en proxectos editoriais, publicitarios, identidade visual e deseño web.
Detrás de DEcibreiro está Laura Gómez, deseñadora gráfica e ilustradora. Estudou na Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón, e vén desenvolvendo a súa carreira profesional desde hai máis de vinte anos, obtendo recoñecementos como dúas nominacións aos Premios Visual.
O deseño é unha ferramenta ao servizo das necesidades dos clientes de DEcibreiro. Por iso cada proxecto require de solucións únicas e consensuadas, coas que o cliente se sinta identificado e satisfeito e perseguindo a profesionalidade e a excelencia nos resultados.
Podes contactar con DEcibreiro en laura@decibreiro.com